COFRADIA PESCADORES VIRXE DA BARCA

CL PORTO PESQUEIRO SN
15124 MUXIA (A CORUÑA)

orto06:34 ocaso20:33 luna
home email politica #News:116| C.U:1
flag

CONFRARIA

VOTO POR CORREO

31/05/2014 A Comision electoral indica como votar correctamente por CORREO.

Webmaster

f137

Os/as electores/as que conten que na data prevista para a votación non se poden desprazar á mesa electoral constituída para exercer o seu dereito ao voto, poderán emitir o seu voto por correo, de conformidade co seguinte procedemento:

  • A persoa electora solicitará por escrito o seu dereito ao voto por correo á comisión electoral.
  • A solicitude presentarase persoalmente, exhibindo o DNI ante o/a secretario/a da confraría quen a trasladará á comisión electoral.
  • No o caso de enfermidade ou incapacidade que impida a presentación persoal da solicitude, poderá efectuarse mediante representante para o efecto, acreditando a súa identidade así como a representación mediante documento autentificado por notario.
  • Recibida a solicitude, a comisión electoral comprobará a afiliación e realizará a co rrespondente anotación na sección do censo que corresponda.
  • A comisión electoral enviará á persoa electora por correo certificado os sobres electorais e as papeletas de todas as candidaturas, así como a documentación necesaria, ao domicilio indicado na súa solicitude ou no seu defecto ao que figure no censo.
  • A persoa electora introducirá a papeleta no sobre de votación do colectivo e sector de produción a que pertenza. Posteriormente, este sobre introdúcese dentro do que vai dirixido á mesa electoral, xunto coa fotocopia do DNI ou permiso equivalente.
  • O/a secretario/a da comisión electoral custodiará esta documentación ata o día da votación.
O prazo de solicitude de voto por correo iniciarase ao día seguinte da publicación do censo electoral definitivo e abranguerá ata a data de proclamación provisional das candidaturas. O prazo límite para que a comisión electoral reciba os votos por correo finalizará vinte e catro horas antes das votacións.