
SOCIEDADE
Eleccion Patron Maior
09/07/2014 A Xunta Xeral elixe Patrón Maior, Vicepatróns e Cabido
Webmaster

A Xunta Xeral conformada a partires das Eleccións do 28 de Xunio procederá a Constituirse na maña do 12 de Xullo do 2014. No mesmo acto tomará posesión e de conformidade ao establecido no Decreto 8/2014 e na Orde do 29 de Abril procederase a elexir Patrón Maior, Vicepatróns e finalmente comité executivo (Cabido).O Acto realizarase por capítulos, e a cronoloxía dos mesmos e a que segue:
- PREAMBULO: CONSTITUCION DA MESA ELECTORAL Será a mesma que a designada para as eleccións do 28X e establecida pola COMISION ELECTORAL
- CAPITULO I: TOMA DE POSESIóN Neste acto toman posesión as persoas electas nas eleccións do 28 de Xunio do 2014. O Acto de toma de Posesión é persoal e indelegable. As persoas que non tomen posesión non votarán nin poderán ser elexidas para cargo representativo. Soamente os vocais presentes na sesión de constitución da Xunta Xeral elexirán Patrón Maior.
- CAPITULO II: ELECCION DO PATRON MAIOR Unha vez constituida a Xunta Xeral iniciase o proceso de elección de Patrón Maior. Os vocais da Xunta Xeral que o desexen postularanse como Candidatos e contarán con un tempo de exposición para defender a súa candidatura. Acto seguido Procederase a votación. Unha vez elexido Patron Maior, procédese a nomear como vocal da Xunta Xeral a persoa suplente que pertenecendo ao mesmo colectivo obtivo maior numero de votos nas eleccións do 28X
- CAPITULO III: ELECCIONS DOS VICEPATRÓNS MAIORES So os vocais de cada colectivo votan para a elección dos vicepatróns primeiro e segundo, segundo corresponda. É decir o colectivo de traballadores elexirá un Vicepatrón e o de empresarios outro. O vicepatrón maior primeiro pertencerá ao colectivo distinto ao de Patrón Maior. Os vicepatróns acadan praza no cabido no momento da súa elección
- CAPITULO IV: ELECCIONS CABIDO O Cabido elixese entre os vocais de cada colectivo e sector de producción, esto implica necesariamente que deberán postularse para estar no comité executivo. En caso de empate será de aplicación o establecido no Decreto 8/2014, maior antiguedade, maior idade e finalmente de persistir o empate a sorteo.