
SOCIEDADE
Proxectos Vixiancia
15/09/2016 Proxecto FEMP 209C-2015F-001
webmaster

De conformidade ao establecido no apartado 2.2 do anexo XII do Regulamento (UE) N. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, publicamos esta información. Este proxecto é o relativo a Axuda que recibe a Confraría coa que se financia o Servizo de Vixiancia.
O Obxetivo principal do proxecto persegue acadar unha xestión responsable e sostible dos recursos mariños explotados e dos seus habitats costeiros, facendo uso de servizos de vixilancia, e doutro lado concienciando ao sector (posiblemente a través de formación en responsabilidade social) de que os recursos que explotan son limitados, e que únicamente a través dunha xestión responsable (Xestión do común, do que é de todos), acadaremos unha xestión racional.
Obxetivo Específico do proxecto: Vixilancia e control de acceso aos recursos mariños no ámbito territorial da confraría de Muxia.
No relativo as tarefas de vixiancia, a Confraría acometerá as seguintes accións:
- Realización dos traballos de Coidado, Control, Seguemento e Vixilancia dos bancos marisqueiros, en cooperación coa Consellería de Pesca.
- Control do furtivismo interno e externo
- Control de topes de capturas
- Control horarios de acceso ó recurso (os establecidos legalmente mediante a correspondente resolución)
- Fixación e delimitación dos puntos de control.
- Organización de grupos de vixiancia entre os asociados.
- O servizo de vixiancia actuará baixo a supervisión do servicio de Protección de Recursos en estricta colaboración con este, achegando todos aqueles datos e informes que lle poidan ser requeridos por éste sobre a materia.
E se COMPROMETE a:
- Aportar os medios necesarios (transporte e outros) para realización deste proxecto.
- Os medios previstos poderán utilizarse, así mesmo, polos servicios da Consellería para o exercicio das accions previstas.
- Responsibilizarse do persoal e dos medios que interveñan na execución dos traballos, a efectos laborais, de control dos horarios, organización do traballo e en todos aqueles aspectos que na execución da acción lle competen.
- O persoal contratado actuará baixo a supervisión do servicio de Protección de Recursos en estricta colaboración con este, achegando todos aqueles datos e informes que lle poidan ser requeridos por éste sobre a materia.
- O persoal poderá formular denuncias de infracción, por faltas cometidas nas areas de autorizacións e concesións que serán tramitadas a través do SPR.
- O persoal contratado para a realización das tarefas deberá acreditar estar en posesión da habilitación de garda particular de campo coa especialidade de gardapesca marítimo, prevista na Lei 23/92, do 30 de Xullo, de seguridade privada.
- A Confraría aboará o salario establecido legalmente según a categoría do persoal contratado.
- Facer un seguemento conxunto coa Consellería do desenvolvemento da accion aportando os medios necesarios para o mesmo.
- Poñer en coñecemento da Consellería calquer incidencia que afecte a realización ou desenvolvemento das tarefas a realizar.
- Por a disposición da Consellería toda canta información que sobre coidado, control, seguemento e vixiancia das accions requeridas lle sexa requerida.