
CONFRARIA
Sinatura de Convenios de Colaboracion
11/02/2010 As Confrarias asinan coa Xunta Convenios de Vixiancia

Na maña do 11 de Febreiro do 2010, o Director Xeral de Recursos Mariños, Pablo Fernandez Asensio, desprazouse a Muxia para a sinatura de Convenios de Vixiancia cas Confrarías da Costa da Morte. En termos xerais "recuperase" a modalidade de colaboración entre as entidades, pasando dos "Proxectos Colectivos" a convenios de Colaboración, convenios xa existentes a finais do século pasado e moito mais axiles a hora de xestionar os recursos. Os puntos mais importes son as accións a levar a cabo, donde se fala da necesidade de velar pola protección dos recursos a traves da loita contra accións ilegais. O coidado seguemento e control dos bancos e as operacións de salvaguarda do medio mariño e as suas especies. As Confrarías comprometense a levar a cabo as accións encomendadas, a nomear dous representates para crear unha comisión de seguemento que vele polo desenvolvemento do presente convenio. A Consellería comprometese a cofinanciar a vixiancia, a destiñar os medios materias e persoais propios para desenvolve-lo presente convenio e a realizar o seguemento do mesmo ca designacion de dous representantes A vixencia do mesmo abrangue dende o 4 de Xaneiro ate o 31 de Decembro do 2010.