COFRADIA PESCADORES VIRXE DA BARCA

CL PORTO PESQUEIRO SN
15124 MUXIA (A CORUÑA)

orto06:34 ocaso20:33 luna
home email politica #News:116| C.U:1
flag

SOCIEDADE

Proxectos FEMPA 2023-2024

15/11/2023 A Conselleria ven de aprobar as Axudas FEMPA para o periodo...

webmaster

f137

A Conselleria ven de aprobar as Axudas FEMPA para o periodo 2023-2024, con data do 30 de Outubro publicouse a ORDE do 18 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable (código de procedemento PE209P). Ao abeiro de esta orde, a Confraría de Muxia ben de solicitar estas Axudas a través do Proxecto "XESTIÓN DOS RECURSOS DA PESCA COSTEIRA ARTESANAL NO ÁMBITO TERRITORIAL DA CONFRARÍA DE MUXÍA". Os resultados que esperamos acadar a través deste proxecto, son:

  • Recoñecemento e distribución das especies e o tamaño das diferentes poboacións: maior coñecemento do medio.
  • Seguimento dos indicadores de abundancia, da composición específica das capturas e da estrutura de tamaños das poboacións: coñecemento dos stocks dispoñibles e das súas poboacións.
  • Impulso para o consumo responsable dos produtos do mar fomentando a súa diversificación: responsabilidade social.
  • Realización de actividades de formación, divulgación e exaltación dos produtos da pesca e do marisqueo: capacitación do sector.
  • Seguimento e vixilancia dos hábitats e das especies. Realización de controis de talla e topes de captura nos puntos de control establecidos: control do furtivismo e explotación racional.
  • Cartografado dos hábitats e das especies, especialmente das exóticas invasoras e envío de mostras ao Intecmar: coñecemento do medio.

Dende fai uns anos a actividade marisqueira ten unha importante relevancia no seo do sector extractivo, tanto a nivel social como a nivel económico e medioambiental. Os sectores produtivos asociados aos recursos específicos experimentaron un notable incremento garantindo novos postos de traballo e novas formas da xestión dos recursos. Termos coma “explotación racional”, “control de acceso ó recurso”, “pesca sostible” acuñáronse nos últimos anos, augurando un futuro mellor e un relevo xeracional para ós nosos mariñeiros e mariscadores. No centro de este gran cambio, o coidado e control dos nosos recursos é fundamental como garante da forma de “vida” das persoas que explotan no marco da legalidade e da sustentabilidade os nosos produtos. O que pretendemos coa presentación deste proxecto é acadar e manter unha xestión responsable e sostible dos recursos mariños explotados e dos seus hábitats costeiros, facendo uso de servizos de vixilancia e de asistencia técnica como ferramentas para garantir o control das producións e finalmente concienciando ao sector, a través da formación en responsabilidade social, de que os recursos explotados son limitados, e que unicamente a través dunha xestión responsable (xestión do común, “do que é de todos”), acadaremos unha xestión racional. Dende os seus inicios a actividade marisqueira tivo sempre unha gran importancia dentro do conxunto da actividade económica no seo da Confraría. A realización de accións de recuperación, saneamento e control dos bancos marisqueiros é necesaria e imprescindible para manter e incrementar a capacidade produtiva dos recursos mariños. Por todo isto, é necesario establecer mecanismos que permitan levar a cabo os traballos de coidado, control, seguimento e vixilancia dos recursos explotados no ámbito territorial da Confraría.