
TECNOLOXIA
Completada Migracion SERVERS CLUSTERS HA
25/04/2025 A Confraria ven de Rematar unha nova implementacion de Clusters HA...
WEBMASTERS

A Confraria de Muxia acaba de rematar unha segunda implementacion do Cluster HA (High-availability - Alta Dispoñibilidade) usando tecnoloxia UNIX. O Sistema esta Integrado por Dous WebServers moi cargadas de RAM. A tecnoloxia desenrolouse entorno a Pacemaker-Corosync no entorno de Ubuntu Focal Fossa. O sistema integra duas unidades DRBD (Distributed Replicated Block Device) que se replican simultaneamente nos Servidores. Unha das unidades DRBD da Soporte a WEB, e outra a Distribución de arquivos no entorno da Confraría a través de SAMBA.
A comunicación co mundo exterior (Web) faise a traves de enrutamento e do servizo NO-IP. Este servicio está integrado no Cluster, que renova automaticamente o Redireccionamento. Do mesmo Xeito, implementouse o servizo https con soporte de Certificados de Lets Encrypts. Esta tecnoloxía tamén está integrada no Cluster renovando as certificacións Automaticamente. Acordouse así mesmo levantar un CLONE-NTP para sincronizar os tempos entre servidores, e finalmente activar Servizos de STONIH e fencing. Con este sistema si un nodo queda operativo o Cluster pode forzar o seu reinicio sin a súa Intevencion.
Para dar un sentido lóxico a todo isto, o Clúster notifica mediante Scripts aos seus administradores información sobre Copias, Estados, Intrusos, Almacenamento, Replicación, saude dos Discos, e finalmente sobre o resultado dos Backups de Bases de Datos e Documentos relevantes da Confraría. SISTEMA DE COPIA REDUNDANTE, chegando ata a facer 3 copias das bases de datos e dos documentos da Confraría. A Web esta completamente desenrolada con PHP, o que asegura o dinamismo das Páxinas (xeneración en tempo real das páxinas web). Utilizamos HTML 5.0. O motor de bases de datos e 100% fiable e basease en tecnoloxia Firebird., con soporte de Bases de datos ata de 32Tb. O Sistema Operativo Usado e Ubuntu Server Focal Fossa na sua version de 64 Bits. Este sistema é moi potente e fiable, e a proba de isto e que dende a primeira implementación do Cluster no ano 2008 non se tiveron que tocar os Servidores. Oferta servizos Web, VPN (Virtual Private Network), FTP (File Transfer Protocol), SSH, NTP.
Gracias a esta tecnoloxia a Confraria a dia de hoxe conta con:
- Informacion de Dominio Publico:
- Confraría: Información Relativa a Confraría, Situación, Estructura, Compromisos e Politica PRL
- Documentos:Taboleiro, Normativa, Plans de Explotación, Acollida
- Transparencia:Organos de Goberno, Orzamentos, Contas, Convenios, Actas
- Canais: Eleccions, Cursos, Trazabilidade, Venda e Xornal
- Información:Contacto, Suxerencias, Privacidade,Cookies, Tempo, Mar, Vedas e Links
- Areas Privadas para Clientes, Socios, Auditores e Persoal
- Clientes: Sistema de Poxas Previas, Poxas Online, Datos Fiscais e de Facturación a Clientes.
- Socios: Consultas de Datos Facturacion, Conexion a Tesoureria, Nominas, Contratos, Seguridade Social, Buzons, Xestións Capitania Enroles, Despachos, Rexistros do SEPE.
- Auditoria: Control e Acceso a totalidade dos Rexistros da Confraría
- Persoal: Nominas, Contratos, Rexistro Horario, Fichaxe Online.
- Canais de Comunicación, Chats, Foros
- Información de RSS de Distintas Fontes
- Xornal de Difusion
- Trazabilidade: Dando cumprimento a normativa vixente podemos seguir a trazabilidade dos productos a partires das etiquetas expedidas na nosa lonxa.
A implementacion do sistema continua día a día, e espera ser un referente no ámbito da pesca en Galicia, sobre todo pola tecnoloxía implantada similar as das grandes empresas Tecnolóxicas.
A Web intenta ser un espazo aberto os navegantes e sobre todo unha nova canle de comunicación entre todos. Así mesmo perseguimos mellorar a nosa transparencia Contable, Fiscal e Social, sen esquecer a RSC (Responsabilidade Social Corporativa) que nos ven a definir dende o ano 2016
O número de horas-dias invertidos no desenrole Inicial chegou a 1000 horas, e foron centos as horas de estudo e de probas. Pero temos a garantia de que temos un sistema moi potente, moi fiable e utilizando tecnoloxias do século XXI.
Con estas tecnoloxias estamos a dar un servizo web de moi alta calidade e entramos nas tecnoloxias de procesamento paralelo e de clustering.
Coma sempre o Cluster esta dispoñible en:https://www.cofradiademuxia.gal
Seguimos traballando para todos.