
SOCIEDADE
AXUDAS FEMPA XESTIÓN DOS RECURSOS MUXIA
01/07/2025 A confraria de Muxia ven de recibir unha axuda ao abeiro da Orde....
WebMaster

Dende fai anos a actividade marisqueira ten unha importante relevancia no seo do sector extractivo, tanto a nivel social como a nivel económico e medioambiental. Os sectores produtivos asociados aos recursos específicos experimentaron un notable incremento garantindo novos postos de traballo e novas formas da xestión dos recursos. Termos coma “explotación racional”, “control de acceso ó recurso” ou “pesca sostible” acuñáronse nos últimos anos, augurando un mellor futuro e un relevo xeracional para ós nosos mariñeiros e mariscadores. No centro de este gran cambio, o coidado e control dos nosos recursos é fundamental como garantía da forma de “vida” das persoas que os explotan dentro do marco da legalidade e da sustentabilidade. O que pretendemos coa presentación deste proxecto é acadar, manter e optimizar unha xestión responsable e sostible dos recursos mariños vivos explotados e dos seus hábitats costeiros, facendo uso dos servizos de vixilancia e de asistencia técnica como ferramentas para garantir plans de xestión sostibles, recoñecendo a distribución das especies e o tamaño das diferentes poboacións co fin de mellorar a produtividade e as condicións de vida e de traballo de mariñeiros e mariscadores; a conservación do medio mariño, dos seus hábitats e da súa biodiversidade a través da vixilancia dos recursos e dos ecosistemas e promover a responsabilidade social no coidado dos mesmos levando a cabo actividades de formación e divulgación, inculcando e sensibilizando ás xeracións actuais e as vindeiras de que os recursos explotados son unha fonte de riqueza e medio de vida, pero limitados, e de que unicamente a través dunha xestión responsable. Con data do 19 de Agosto de 2025 a Consellería ven de resolver este proxecto concedendo unha axuda de 51480 € destinados a sufragar os gastos de unha Asistencia Técnica e do Servizo de Vixiancia.