COFRADIA PESCADORES VIRXE DA BARCA

CL PORTO PESQUEIRO SN
15124 MUXIA (A CORUÑA)

orto08:02 ocaso18:39 luna
home email politica #News:120| C.U:1
flag

SOCIEDADE

Proxectos FEMPA PE209G-2025-00014

16/07/2025 A Confraria de Muxia ven de recibir unha subvencion ao abeiro...

Webmaster

f137

O 20 de xaneiro de 2025, publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 12) a ORDE do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e tramitadas como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE209G). Ao abeiro de esta Orde a Confraría de Muxia solicitou unha axuda por Importe de 34.727,00 € para ADQUISICIÓN E INSTALACIÓN DUNHA CÁMARA DE CONSERVACIÓN E MESAS DE SELECCIÓN. Esta axuda solicitouse co obxetivo de Reforzar as actividades pesqueiras que sexan económica, social e medioambientalmente sostibles. O Expendiente asociado ao proxecto e PE209G-2025-00014, e con el se persegue mellorar o traballo das persoas que viven do mar.