
SOCIEDADE
Proxectos FEMPA PE209G-2025-00008
16/07/2025 A Confraria de Muxia ven de recibir unha subvencion ao abeiro...
webmaster

O 20 de xaneiro de 2025, publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 12) a ORDE do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e tramitadas como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE209G). Ao abeiro de esta Orde a Confraría de Muxia solicitou unha axuda por Importe de 44.903,10 € para MELLORAS SEGURIDADE E CONDICIÓNS TRABALLO PORTO MUXIA EQUIPOS CARGA. Esta axuda solicitouse co obxetivo de Reforzar as actividades pesqueiras que sexan económica, social e medioambientalmente sostibles. O Expendiente asociado ao proxecto e PE209G-2025-0008, e con el se persegue mellorar as condicións de traballo dos pescadores, empresas e operarios no Porto de Muxia