COFRADIA PESCADORES VIRXE DA BARCA

CL PORTO PESQUEIRO SN
15124 MUXIA (A CORUÑA)

orto09:05 ocaso17:58 luna
home email politica #News:121| C.U:1
flag

SOCIEDADE

PROXECTO DEPUTACION A CORUÑA

11/06/2025 A Confraria ven de recibir unha axuda de...

Web Master

f137

A Confraria ven de recibir unha subvención da Deputacion Provincial para acometer o proxecto do Servizo de Comerlicializacion e Control de Descargas no Porto de Muxia. Esta axuda solicitouse ao abeiro da Convocatoria FO027A destinada a execución de proxectos e investimentos para o ano 2025. DESCRICIÓN, CARACTERÍSTICAS, CALENDARIO, OBXECTIVOS DO INVESTIMENTO 1.2.1 Nome do proxecto e breve descrición da/s actividade/es que se vai/van desenvolver e para a/s que se solicita subvención segundo o orzamento achegado. Proxecto Servizo de Comercialización e Control de Descargas no Porto de Muxía 1.2.1.a Descrición Proxecto, e antecedentes históricos As Confrarías de Pescadores de Galicia somos entidades Sociais. As Confrarías de Pescadores somos institucións con fonda tradición histórica en Galicia, existindo antecedentes que se remontan o século XIII, cando aparecen As Irmandades das Vilas e Marismas dos Reinos de Galicia e Asturias. Estas entidades foron evolucionando ó longo do tempo adaptándose as necesidades económicas e laborais que foron xurdindo no pais, perdendo o seu carácter relixioso que as caracterizaba na súa etapa inicial para se converteren primeiro en organizacións laborais e de asistencia mutua, posteriormente en "pósitos" de pescadores, e finalmente recuperando a súa vella denominación en corporacións sen ánimo de lucro de dereito público. As Confrarías eríxense nunha das canles máis eficaces para que os poderes públicos poidan recoñecer e darlles resposta en cada momento as inquietudes que do sector pesqueiro xorden hoxe. En virtude do establecido queda clara a natureza das Confrarías e a dependencia do sector pesqueiro das mesmas. As confrarías ofertamos servizos o sector (Venda dos recursos procedentes do mar, Xeo, Pertreitos, Encarnadas, asesoramento, tramitación de documentación, auxilio, servizos administrativos, seguridade social, altas, baixas, contratación laboral, etc…). No seo desta Confraría benefícianse destas actividades aproximadamente 140 asociados (Derradeiro Censo, Rexistro de Cofradías de Pescadores da Xunta de Galica, 3T2024), representando as mesmas familias en cómputo aproximado. O importe da Subvención é de 24000 Euros e leva asociado o expediente 2024000047766