A Confraria de Muxia acaba de rematar o Cluster HA (High-availability - Alta Dispoñibilidade) usando tecnoloxia UNIX.
O Sistema esta Integrado por dous Balanceadores de Carga (LVS) e Dous WebServers que fisicamente residen nas mesmas máquinas. Amba-las duas maquinas son Core Quads moi cargadas de RAM.
A tecnoloxia desenrolouse entorno a Heartbeat Pacemaker.
O sistema integra un RAID-1 que controla sempre o nodo Activo. Obviamente no momento en que ese nodo deixa de estalo automaticamente pasa o control a outro.
A comunicación co mundo exterior (Web) faise a traves de enrutamento e do servizo NO-IP.
A Web esta desenrolada con VNC e con PHP.
O motor de bases de datos e 100% fiable e basease en tecnoloxia Firebird.
O Sistema Operativo Usado e Ubuntu Server Lucid Lynx na sua version de 64 Bits. Este sistema é moi rapido e fiable ofrecendo unha potencia que outros sistemas non teñen - e xa sabemos de quen falamos -
Oferta servizos Web, VPN (Virtual Private Network), FTP (File Transfer Protocol).
Gracias a esta tecnoloxia a Confraria a dia de hoxe conta con:
Taboleiro de Anuncions
Poxa Virtual: Participar en Poxa remota, Consulta de Notas, etc..
Servicios os Asociados: Notas de Venda, Compras e Vendas en Lonxa, Descargas, Cotas Socia, Servizos Diversos, Altas Seguridade Social, Nominas, Listas de Tripulantes, etc...
Novas: Publicacion de todo tipo de Novas
Normativa: Base de Datos Normativa Pesqueira
Privada: Zona privada con opcions de control estatistico, esforzo pesqueiro, teleauditoria, liquidacions de taxas, etc...
Cursos: Inscripcion telematica en Cursos Impartidos pola Confraria
Procedementos Administrativos
Xornal: Xornal de Notificas da Confraria
Trazabilidade: Dando cumprimento a normativa vixente podemos seguir a trazabilidade dos productos a partires das etiquetas expedidas na nosa lonxa.
A implementacion do sistema continua día a día, e espera ser un referente no ámbito da pesca en Galicia, sobre todo pola tecnoloxía implantada similar as das grandes empresas deste pais.
A Web intenta ser un espazo aberto os navegantes e sobre todo unha nova canle de comunicación entre todos. Así mesmo perseguimos mellorar a nosa transparencia Contable, Fiscal e Social.
O número de horas-dias invertidos no desarrollo pode chegar a 1000, e foron centos as horas de estudo e de probas. Pero temos a garantia de que temos un sistema moi potente, moi fiable e utilizando tecnoloxias do século XXI.
Con estas tecnoloxias estamos a dar un servizo web de moi alta calidade e entramos nas tecnoloxias de procesamento paralelo e de clustering.
Coma sempre o Cluster esta dispoñible en:http://cofradiademuxia.sytes.net
Seguimos traballando para todos.