
NORMATIVA
Orde 23/3/2009 Axudas FEP
25/11/2009 A Conselleria do Mar prorroga os prazos das Axudas FEP
Tendo recibido ASOCIADOS desta Confraría resolucions de axuda o abeiro da Orde do 11 de Marzo do 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en rexime de concorrencia competitiva, das axudas os investimentos pesqueiros e selectividade, cofinanciadas polo Fondo Europeo da Pesca. E doutro lado considerando que o prazo que se fixa como límite para aporte da documentación para a xustificación da Subvención é a do 24 de Novembro, e doutro lado tendo coñecemento de que hai armadores desta Confraría que ainda non recibiron a mencionada Resolución. Esta Confraría ven de solicitar a Administración de Pesca se prorrogue o prazo para a presentación da documentación requerida ante a imposibilidade de cumprir cos prazos que se establecen nas mencionadas resolucións.