O Marm ven de publicar no dia de hoxe a convocatoria de axudas para os buques afectos o plan de recuperación de merluza sur e cigala. Os beneficiarios coma sempre son todo-los buques censados na modalidade de Arrastre, Palangre de Fondo e Volanta no caladeiro Cantabrico Noroeste.
Os requisitos para acceder as axudas son os seguintes:
Pertencer a terceira lista do Rexistro de Buques. Este requisito se acredita con una folla de asiento actualizada.
Que o buque este de alta no Censo da Flota Pesquiera
Estar en posesión da correspondente licencia de pesca. Este requisito se acredita con certificación expedida pola Dirección Xeral de Recusos Pesqueiros.
Durante a paralización a inactividade debe ser total.
Estar o corrente das obrigas fiscais e de seguridade social.
Xustificacion de ter presentado o correspondente ERE (expediente de regulacion de emprego).
As axudas outorganse por un periodo de 30 dias de paralización temporal obrigatoria.
As axudas dirixiranse o Ministerio de Pesca, e os prazos son de un mes a partires da publicación no BOE desta Orde para os buques que xa completasen parada, ou de un mes para aqueles buques que ainda non a completaran, computado a partires da data de finalizacion da parada.