COFRADIA PESCADORES VIRXE DA BARCA

CL PORTO PESQUEIRO SN
15124 MUXIA (A CORUÑA)

orto06:00 ocaso21:14 luna
home email politica #News:116| C.U:1
flag

TECNOLOXIA

CIENCIA E TECNOLOXIA

30/11/2009 Migracion a Entornos UNIX

oxtanc

f137

A Confraría de Muxía acaba de rematar a migración dos seus sistemas informaticos a entornos Unix, en Concreto estase a utilizar tecnoloxía Linux con servidores Ubuntu, na sua derradeira versión Karmic-Koala. Deste xeito estamos a dar un servicio Web de calidade utilizando un servidor Apache2, con soporte PHP o que posibilita a interación dos usuarios (asociados) cos nosos servidores de datos. As posibilidades son infinitas tendo os asociados acceso as suas notas de venda, as suas facturas, documentos, poxa automatizada, etc... Doutro lado rematouse a migración dos sistemas de bases de datos pasando a utilizar Firebird 2.1 con licencia Open Source. Deste xeito a Confraría de Muxía situase a vangarda no uso das novas tecnoloxias, utilizando sistemas con arquitecturas actuais - cliente-servidor - moi potentes o estilo das utilizadas polas grandes empresas deste pais. Hai que recordar que toda esta tecnoloxía é gratuita e non tivo coste algun para a Confraría, mais que obviamente o desarrollo da aplicación Web.