COFRADIA PESCADORES VIRXE DA BARCA

CL PORTO PESQUEIRO SN
15124 MUXIA (A CORUÑA)

orto06:34 ocaso20:33 luna
home email politica #News:116| C.U:1
flag

SECTORIAL

Rosa Quintana comprométese a reactivar o marisqueo

23/08/2010 Mar intenta convertela nunha actividade que xere riqueza e emprego no litoral

Comunicacion - Xunta

f137

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, quere converter o marisqueo nun sector estratéxico para volver a ter nas praias a nosa riqueza e comprometeuse a traballar para que sexa unha actividade xeradora de emprego. Apostamos por esta actividade e polo seu futuro afirmou na Festa de Ameixa de Carril, onde foi nomeada como Dona da Orde de Ameixa desta localidade. Polos que non queren ver o futuro e seguen mirando o seu embigo non imos agardar dixo ao respecto e amosouse confiada en que, grazas aos tres eidos fundamentais nos que traballa a Xunta a prol dos profesionais do mar -o social, o económico e o ambiental-nos agarda unha travesía no bo rumbo. É socialmente onde estamos máis implicados, con todos os que fan posible esta actividade sinalou. Neste sentido deixou claro o obxectivo do goberno galego de promover a incorporación de novas persoas ao marisqueo mediante a ampliación de zonas produtivas. Amais, engadiu que a Consellería quere que profesionalidade e dignidade vaian unidos polo que traballaremos para que este relevo xeracional vaia acompañado dunha mellora das condicións sociais do traballo. Para obter a sostibilidade ambiental, Rosa Quintana lembrou dous compromisos do goberno galego como son o saneamento integral de todas as rías galegas e a loita contra o furtivismo que tanto dano fai. Economicamente promovemos os nosos produtos nos mercados, como a ameixa, poñendo en valor a súa calidade dixo referíndose ao terceiro dos eixos e engadiu que o seu equipo apoiará iniciativas como a Festa da Ameixa, que serven para para dar a coñecer un produto senlleiro e de calidade coma a ameixa de Carril. Produto de calidade Por outra banda o director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, felicitou á organización deste evento que acada unha exitosa maioría de idade e enxalzou a calidade e o sabor da ameixa desta zona. Os que sabemos distinguir os diferentes tipos de ameixa queremos ameixa de Galicia, ameixa de Carril, sentenciou. Tedes o produto de calidade, tedes quen o saque da area co seu esforzo, tedes quen o prepare coa súa maña e tedes a ilusión de seguir. Por estas razóns, Pablo Fernández considera que está asegurado o futuro da festa, da ameixa de Carril e desta vila, que acumula case cinco séculos de tradición pesqueira e mariñeira.