COFRADIA PESCADORES VIRXE DA BARCA

CL PORTO PESQUEIRO SN
15124 MUXIA (A CORUÑA)

orto06:14 ocaso21:11 luna
home email politica
flag

SOCIEDADE

DIFUSION PROXECTO FEMPA 2025-2026

29/06/2026 Difusion Proxecto Coidado, Control e Seguemento...

webmaster

imaxe

Divulgación do “proxecto colectivo xestión dos recursos da pesca costeira artesanal no ámbito territorial da confraría de muxía” nos anos 2025-2026

Entidade Beneficiaria: Confraría de Pescadores de Muxía

Período do Proxecto: 1 de Xullo de 2025 ata o 30 de Xuño de 2026

A presentación da solicitude fíxose ao amparo da Orde do 19 de Abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca (FEMPA), que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como o fomento da sensibilización ambiental.

Obxectivo xeral: A protección e recuperación da biodiversidade a través da mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas así como o fomento da sensibilización ambiental.

Actividades desenroladas ao abeiro do proxecto

  • Elaboración e seguimento dos plans de co-xestión de recursos mariños:
    • Plan de Percebe Mixto (a pé e a flote)
    • Plan Solénidos Conxunto Muxía e Camariñas
    • Plan de Ourizo Zona VI
    • Plan Poliqueto Mixto (a pé e a flote)
  • Optimización e seguimento da Xestión dos recursos Mariños:
    • Análise dos descritores definidos na Directiva Marco sobre estratexia mariña.
    • Cartografado dos hábitats e especies, especialmente das exóticas e invasoras, con presenza significativa no contexto desta Confraría.
    • Seguimento dos Indicadores de abundancia e da composición específica das capturas e da súa estrutura e tamaños. Os traballos consisten no tratamento de datos recollidos (por medios informáticos) a través de mostraxes realizadas e de controis de talles realizadas en cada banco Marisqueiro.
  • Avaliación do estado de Conservación e da Biodiversidade: Nas zonas da Rede Natura 2000, nas zonas mariñas protexidas e nos hábitats costeiros de importancia para os organismos mariños.
  • Contribución á vixilancia epidemiolóxica: Envío periódico de mostras biolóxicas para o seu análise polo INTECMAR. As mostras enviadas contribúen ó coñecemento do estado sanitario das augas e das especies marisqueiras.
  • Formación e asesoramento dos mariscadores: Orientada a adquirir novas competencias vinculadas a unha mellor xestión e conservación dos recursos mariños vivos e dos ecosistemas que os sosteñen.
  • Tramitación de aperturas e peches mensuais: Determinación da CPUE e envío de datos á Consellería do Mar.
  • Operacións de salvagarda do Medio Mariño e das súas especies: Levadas a cabo establecendo condicións de acceso ás zonas de pesca. O servizo de Garda Pesca realiza tarefas de supervisión e control de cupos, zonas, tallas e furtivismo.
    • Cada un dos efectivos portará un sistema de Xeolocalización portátil. Os rexistros deste dispositivo estarán á disposición da Consellería do Mar.
    • O persoal de vixilancia actúa baixo a supervisión do Servizo de Garda Costas de Galicia e en colaboración con eles, remitíndolle os datos e informes que lle sexan requiridos.
    • Con antelación suficiente, os vixilantes deben trasladar ao Servizo de Garda-Costas a programación das actividades, e coa mesma periodicidade elaborar un informe das actividades realizadas.

Datos Administrativos

Importe do Proxecto 51.480 €
Financiación Pública FEMP (75%) - CCAA (25%)
Axuda Concedida 51.480 €
Procedemento PE209P Proxecto colectivo Orde do 19 de Abril de 2025
Expediente PE209P-2025-001
NIF Entidade G15033913