
SECTORIAL
Prohibicion Bertorella
19/08/2010 Segepesca establece a prohibicion a partires das 00h do Sabado 20 de Agosto
webmaster

A Direccion Xeral de Recursos Pesqueiros e Acuicultura acaba de establecer a través dunha circular a Prohibicion de Pesca de Bertorella (Phycis Blennoides) nas Zonas VIII e IX (Aguas comunitarias e augas non suxeitas a soberania ou xurisdicción de terceriros paises). A Dirección Xeral basease nos datos de capturas de bertorella nas zonas indicadas e na aplicación do artigo 35 do regulamento (CE) 1224/2009. Fundamentalmente o comunicado establece o seguinte:
- Para os buques españois queda prohibida a pesca de bertorella nas zonas VIII e IX a partires das 00h00 do día 20 de agosto de 2010.
- A partires da hora indicada, os buques que non fixeran o desembarque correspondente deberán comunicar a Dirección Xeral as capturas nun prazo non superior as 48h
- A partires do dia de hoxe os despachos que se dirixan as zonas indicadas deberan conter unha anotación expresa nos terminos recollidos na presente indicación
- As infraccións as disposicións anteriores sancionaranse de conformidade a Lei 3/2001, do 26 de Marzo.