
SECTORIAL
A Xunta respalda ante a UE o aumento de COTAS
23/09/2010 Rosa Quintana asistiu ao Consejo Consultivo de Política Pesquera para Asuntos Comunitarios en Madrid
Comunicacion Xunta

A Consellería do Mar respaldará ante a Unión Europea a petición do sector para lograr un aumento da cota de captura da cabala. Así o sinalou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, tralo Consejo Consultivo de Política Pesquera para Asuntos Comunitarios, que tivo lugar esta tarde no Ministerio de Medio Ambiente, Rural y Marino. Rosa Quintana informou de que na reunión, o Ministerio deu conta da liña argumentaría que vai a manter ante a Unión Europea para poder defender a cota da cabala. A titular de Mar anunciou que Galicia e Cantabria se ofreceron a preparar un informe que poida contribuír a respaldar o documento que se prepare dende o Ministerio para intentar conseguir maiores cotas de captura de cabala para o ano que vén. A preguntas dos xornalistas sobre a pescada, a conselleira do Mar indicou que a situación neste momento é moi boa, hai moita abundancia e polo tanto, dende Galicia estamos pedindo un incremento nas cotas de pesca. Ademais engadiu que outra das solicitudes que se fai dende Galicia, na liña da proposta para a nova Política Pesqueira Común é a posibilidade de que se realice un reparto para os diferentes armadores co que eles poidan facer máis rendible a súa empresa. Durante a xuntanza a conselleira aproveitou a oportunidade para volver solicitar á ministra do MARM que o próximo Consejo Consultivo de Política Pesquera para Asuntos Comunitarios sexa en Galicia.