
CONFRARIA
Eleccions Patron Maior e Cabido
05/12/2009 A Confraria Remata o Proceso Electoral
oxtanc

O pasado día 5 de Decembro tivo lugar na Sala de Xunta Confraría de Muxía a toma de Posesión da Xunta Xeral, e eleccións o Cabildo da Confraría e Patron Maior. O proceso realizouse con normalidade democrática realizandose en tres actos. No primeiro acto tomou posesión a Xunta Xeral surxida das eleccións do 8 de Novembro. En segundo acto procedeuse a elección a patrón maior, e finalmente elixeuse o comité executivo da Confraría (Cabildo). Pese o reñido dos resultados, 9 votos contra 7, a xunta xeral aceptou os resultados. O vindeiro día 22, tomará posesión o novo Patron Maior, xunto coa sua Xunta Directiva.