Compromiso Responsabilidade Social

A confraría está para velar polos intereses dos seus asociados e , na medida das súas posibilidades, axudar a mellorar a calidade de vida dos seus traballades e de todo o seu contorno social. A confraría pretende mellorar ano a ano, prestando mellores servizos.
Desde o ano 2015 a nosa confraría iniciou un proceso de implantación da Responsabilidade Social Corporativa (RSC), isto significa adquirir un compromiso para mellorar o noso desempeño para cós nosos asociados, traballadores, administracións publicas, así como o noso contorno local e social. A Responsabilidade Social Corporativa supón tamén adquirir unha preocupación polo futuro, polo futuro das novas xeracións de mariñeiros e mariscadores.
O Compromiso de Responsabilidade supón tratar de mellorar día a día a Xestión no eido Social, Económico e Medioambiental.
- No eido Social a Confraría intenta axudar aos seus asociados ofrecéndolle servizos de calidade, canalizando axudas e todo tipo de documentación. A Confraría aposta pola Transparencia Contable, Fiscal e Social, sendo este un dos seus obxectivos primordiais. A Confraría e plenamente consciente, e se compromete nas tarefas de bo goberno, escoita aos seus asociados e se implica nas problemáticas de cada un dos seus asociados.
- No eido Económico a Confraría apoia aos seus membros a través de varios mecanismos, ofrecendo servizos diversos, encarnadas, Pertreitos, xeo, servizos administrativos en materia de seguridade social, laboral, asesoramento, etcétera. Aposta pola Innovación e polas novas tecnoloxías. Día a día intentar abrir novas canles de comunicación cos seus afiliados, clientes e Administracións. Apoia o Networking entre os seus iguais (comunicación entre Confrarías, sobre todo no marco de influencia do seu ámbito territorial), e ten unha aposta decidida polo Shared knowdlege (coñecemento compartido).
- No eido medioambiental a confraría difunde o respecto ao medio, participa xunto cos seus asociados na recollida de lixo procedente do medio mariño, combustibles (a través de Convenios coa Administración –MARPOL-), colabora con distintas Entidades na Limpeza de Praias e das nosas Rías.
Como consecuencia de este proceso de implantación da RSC, esta confraría elaborou unha primeira versión de este manual de acollida no ano 2016 e pretende seguir avanzando nesta liña traballo. Este manual de acollida estará dispoñibel para todos os asociados nos vindeiros dias.